Quero entrar ao meu debuxo

 

Introduce o teu usuario e contrasinal para acceder ao teu debuxoo.

Usuario:
Contrasinal:

 

 

 

Se esqueciches o teu contrasinal, introduce o correo electrónico do teu pai/nai que utilizaches para rexistrarte. Enviarémoscha aí:

Correo electrónico:

 

 

 

Aínda non tes usuario e contrasinal? Preme aquí para rexistrarche no concurso.

rexistrarme

Enviamos o teu usuario e contrasinal ao enderezo de correo que indicaches.

 

volver á web

Caixa de correo de suxestións

 

Para que poidamos atender as túas dúbidas ou suxestións, por favor, enche os seguintes campos:

Nome:
Apelidos:
Email:
Se non tes correo electrónico, por favor, introduce o teu teléfono.
Concello:
Consulta/suxestión:

 

A túa mensaxe enviouse correctamente.

Poñerémonos en contacto contigo o antes posible.

Grazas pola túa achega!

 

volver á web

O ciclo da auga, unha aventura para valentes
XIV Concurso Internacional de Debuxo Infantil

Bases legais do concurso de debuxo infantil

FCC Aqualia S.A. (en diante Aqualia ou a organización), con motivo da celebración do Día Mundial da Auga o próximo martes 22 de marzo de 2016, organiza un concurso de debuxo (en diante, o Concurso) que se rexerá conforme ás presentes bases legais (en diante, as Bases).

Concurso:

O Concurso organizado por Aqualia consiste na construción de debuxos polos participantes do Concurso a través da páxina web www.ociclodaaugaparavalentes.gal (en diante, A Plataforma), na que os nenos e nenas terán que amosar nos seus debuxos como a auga chega dende a natureza ata as súas casas empregando os diferentes elementos que forman o ciclo integral da auga e que poñemos á súa disposición no site.

Posteriormente estes debuxos serán avaliados por parte dun xurado para determinar os gañadores nas distintas categorías existentes, sempre que cumpran co disposto nas presentes Bases.

Duración do concurso

O concurso é válido para todas as creacións cargadas na Plataforma dende as 00:00 horas (GMT+1) do día 22/03/2016 ata as 00:00 horas (GMT+1) do día 09/05/2016. Non se aceptarán no concurso as creacións subidas fóra deste prazo de tempo.

Se por causas de forza maior ou alleas ao control de Aqualia fose preciso aprazar ou modificar a duración do concurso, ou anulalo ou repetilo, este feito notificarase aos participantes a través da Plataforma ou vía correo electrónico.

Amplíase o prazo de presentación de debuxos ata o 23/05/2016.

Descrición dos participantes

O Concurso organizado por Aqualia está destinado aos seguintes participantes:

Non se considerará válida a participación no concurso de persoas físicas ou centros docentes que non cumpran cos requisitos indicados anteriormente.

Aceptación das Bases

A participación neste concurso supón a aceptación íntegra das presentes Bases e a submisión expresa das decisións interpretativas que destas efectúe a organización. Aqualia resérvase o dereito a descualificar aos participantes que as incumpran e, especialmente, calquera participación que vaia en contra destas Bases.

Coa aceptación destas Bases os participantes comprenden os termos e condicións destas e comprométense a cumprir coa normativa vixente que poida resultar de aplicación a este respecto, de modo que polo simple feito de participar no Concurso están a prestar o seu consentimento a someterse ás Bases e á legalidade de forma total e irrevogable.

A manifestación en contrario do participante, independentemente de en que momento se realice, implicará a súa autoexclusión do Concurso e a liberación de Aqualia de calquera compromiso adquirido co participante.

As presentes Bases atópanse a disposición de calquera persoa que desexe consultalas a través da Plataforma (www.ociclodaaugaparavalentes.gal).

Termos de participación

Para poder participar no concurso, o interesado debe acceder á Plataforma e seleccionar entre as distintas opcións de participación que se ofrecen, é dicir, participación individual (como alumno ou alumna) ou participación colectiva (clase de 3º ou 4º de primaria dun colexio ou centro docente). En caso de participación colectiva, o representante desta deberá incluír a información solicitada pola Plataforma antes de iniciar a elaboración do debuxo.

Posteriormente, o participante deberá empregar os medios que a Plataforma pon á súa disposición para elaborar un debuxo que deberá reflectir as fases que forman o ciclo integral da auga.

A continuación, o participante deberá gardar o debuxo e posteriormente validalo para garantir a súa participación no Concurso. No caso de participacións individuais, unha vez gardada a historia e antes de proceder á súa validación, a Plataforma solicitará información propia do participante, así como o enderezo de correo electrónico dos seus pais ou titores legais coa finalidade de obter a debida autorización destes para a correcta participación no Concurso do alumno ou alumna. Os debuxos elaborados, sexa de xeito individual ou colectivo, non serán aceptados no Concurso se non inclúen a información solicitada en relación co colexio ou centro docente ou a autorización dos pais ou titores no suposto que corresponda. Adicionalmente, os pais ou titores tamén poderán acudir ás oficinas de Aqualia, para outorgar a autorización necesaria para que o menor participe no Concurso.

Cada participante, sexa individual ou colectivo, só poderá participar cun debuxo dentro das datas establecidas para o desenvolvemento do Concurso e sempre que sexa acorde coa temática deste.

Unha vez validadas as historias, estas serán publicadas na Plataforma, concretamente no apartado Galería, dende onde se poderán compartir as historias na rede social Facebook e Twitter.

O xurado decidirá os gañadores segundo a creatividade, orixinalidade e axuste ao tema do Concurso. Esta decisión será inapelable e dependerá unicamente do criterio do xurado.

Debe terse en conta que as valoracións que se poidan realizar das historias a través das distintas redes sociais nas que se poden compartir, non terán ningunha implicación no desenvolvemento do concurso. Facebook e Twitter non patrocinan, avalan, nin administran de modo ningún o Concurso, nin están asociados a este en ningún caso.

Aqualia resérvase o dereito de non entregar o premio do concurso a calquera que trate de, ou chegue a, defraudar, alterar ou inutilizar o bo funcionamento e o transcurso normal e regulamentario do concurso.

Requisitos para participar

A participación no concurso é gratuíta, voluntaria e está limitada aos que cumpran todos os requisitos que se detallan a continuación:

Comunicación de gañadores

A comunicación dos gañadores do Concurso levarase a cabo a partir do 5 de xuño de 2016, Día Mundial do Medio ambiente, a través dos seguintes medios:

Premios

10 premios individuais: cada gañador recibirá unha Tablet Samsung 7’’.

1 premio colectivo para o colexio gañador do debuxo colectivo realizado por unha clase. Obterá como premio unha tarxeta de 1.000 € nun centro comercial para material educativo.

250 cámaras dixitais acuáticas, unha para cada finalista.

Os premios anteriores non poderán ser obxecto de cambio ou alteración a petición de ningún dos gañadores. Os premios serán entregados exclusivamente dentro do período de tempo que determine a organización.

Protección de datos de carácter persoal

En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, Aqualia infórmao que o enderezo de correo electrónico facilitado polo seu fillo, filla ou tutelado a través da Plataforma www.ociclodaaugaparavalentes.gal, foi solicitado coa única finalidade de obter a autorización prevista na mencionada lei para o tratamento dos datos persoais do menor de catorce anos. Así mesmo, informámolo e vostede consente expresamente como pai/nai ou titor do menor participante no Concurso que os datos persoais deste solicitados a través da Plataforma, así como os que se obteñan con motivo do desenvolvemento do Concurso, sexan tratados coas seguintes finalidades:

Así mesmo, no caso de que participe no concurso en calidade de representante da modalidade de participación colectiva, informámolo de que os seus datos de carácter persoal serán empregados coas finalidades indicadas.

Para o bo desenvolvemento do concurso será necesario que os datos persoais dos participantes, solicitados a través da Plataforma, así como os facilitados para a entrega dos premios, sexan veraces, completos e actuais, ao que se comprometen a través da aceptación destas Bases. Se os datos de carácter persoal dun gañador do concurso fosen incertos, falsos, incompletos ou non fosen actualizados de maneira que a identificación do gañador sexa imposible por medios razoables, Aqualia resérvase o dereito a descualificalos do concurso, quedando libre de toda responsabilidade ao respecto.

Vostede poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, para vostede mesmo ou en representación do participante do Concurso, remitindo un escrito coa ref. “Protección de Datos” e fotocopia do DNI do titular dos datos, á seguinte dirección postal, C/ Federico Salmón, 13. 28016 Madrid ou cursando a súa petición cos mesmos requisitos a través de protecciondedatos@fcc.es.

Mediante a aceptación das presentes Bases, os representantes legais dos participantes que resulten declarados gañadores ceden a Aqualia, en exclusiva e con facultade de cesión a terceiros, os dereitos de imaxe que puidesen corresponderlles como consecuencia da súa participación no Concurso e que poderán ser obxecto de comunicación pública a través de diversos medios de comunicación (páxinas web, redes sociais, etc.)

A tal efecto, o representante legal do participante autoriza a Aqualia a utilización da imaxe e datos persoais do participante que poidan ser solicitados durante o desenvolvemento do Concurso, co fin de permitir a súa explotación mediante calquera modalidade, para todo o mundo e sen límite de tempo.

Dereitos de propiedade intelectual

O participante garante que é o único titular dos dereitos de propiedade intelectual de cada unha das historias que se presenten ao concurso e responsabilízase totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas historias presentadas, así como de toda reclamación de terceiros por dereitos de imaxe e/ou de propiedade intelectual.

Adicionalmente o participante cede a Aqualia os dereitos de explotación e difusión de fotografías a través de, sen carácter limitativo, medios de comunicación, exposicións, campañas publicitarias, redes sociais, páxinas web, etc. Así mesmo, o participante cede a Aqualia os dereitos patrimoniais que recaen sobre as historias sen limitación temporal e/ou espacial.

Responsabilidades

Aqualia resérvase o dereito de anular calquera participación ou a calquera participante, se se teñen sospeitas dunha manipulación incorrecta dos datos ou do Concurso.

A organización resérvase o dereito a rexeitar ou excluír da participación no Concurso a calquera participante que non reúna os requisitos descritos nas presentes bases e termos de participación ou contraveña as normas ou finalidade do concurso.

A organización non se responsabiliza do mal funcionamento da Plataforma, nin das posibles perdas de datos por problemas de correo electrónico e/ou polo mal funcionamento de internet.

Ademais, a organización exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que, a pesar das medidas de seguridade adoptadas, puidesen deberse á utilización indebida dos servizos e dos contidos por parte dos usuarios, e, en particular, aínda que non de forma exclusiva, polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á suplantación da personalidade dun terceiro efectuada por un usuario en calquera clase de comunicación realizada a través da Plataforma.

Nulidade

Se calquera previsión das presentes Bases fose declarada, total ou parcialmente, nula ou ineficaz, tal nulidade ou ineficacia afectará tan só á devandita disposición ou parte desta que resulte nula ou ineficaz, subsistindo en todo o demais o resto de Bases e téndose tal disposición ou a parte da mesma que resulte afectada por non posta, salvo que, por resultar esencial ás presentes Bases, houbese de afectalas de forma integral.

Xurisdición e lei aplicable

As presentes Bases interpretaranse e rexerán de conformidade coa lexislación española. Para calquera cuestión litixiosa derivada da existencia, acceso, utilización ou contido das Bases, o participante e Aqualia renuncian expresamente a calquera outro foro que puidese corresponderlles, someténdose á xurisdición e competencia exclusiva dos Xulgados e Tribunais de Madrid.


Política de cookies - Bases do concurso